Domingo 5 de maio primeiras confirmacións, merca a túa entrada dende aquí


📢 COMUNICADO 📢

Con moito pesar vémonos na obriga de suspender os Ouveos do Castañazo que se ían celebrar este sábado día 4 de maio. Ante a imposibilidade de realizalos no local que tiñamos previsto e pese ao traballo intenso destes días por atopar unha alternativa viable, isto non foi posible.

Un dos propósitos da nosa asociación é ofrecer alternativas culturais na nosa vila que favorezan á vida e desenvolvemento dela. Por iso, creemos necesarias propostas como os Ouveos do Castañazo e continuamos a traballar para realizalos noutras datas 📆 coas condicións axeitadas para poder desfrutar dunha das cousas que máis nos gusta, así que seguide a prestar atención porque esta ouveada non remata aquí!

Como vos adiantamos, esta sesión de concertos ía vir cargadiña de 🎊 sorpresas🎊 Algunhas xa volas fomos adiantando, como a venda de merchan. Se alguén se quere facer con algún dos nosos produtos pode pedirnos máis información a través de mensaxe privada ou 📩 correo electrónico a info@castanhazo.com

Outra das sorpresas que vos tiñamos gardada para esta data era desvelar as catro primeiras actuacións que farán parte do #Castañazo2024. Pois ben, tede o 👁️ posto nas nosas redes este domingo, porque faremos esta revelación… e virá acompañada de sorteo!

Isto non para!

#Ouveosdocastañazo#chantada

🌰 Castañazo 2024 🐺

Estamos de volta e facémolo con esta nova imaxe deseñada por JonGo Art

Corre a dicirllo as tuas colegas e reservade 🗓️ o 1 e 2 de novembro para volver a vivir unha nova edición do noso #FestivalDeOutono

Este ano aproveitamos a ponte de novembro 🌉 para que teñades unha escusa máis para vir o ❤️ de Galicia, pode haber un plan mellor?

Toda a maquinaria a funcionar para traer unha nova edición que de seguro virá chea de emocións e diversión. Estade atentas as nosas redes pois irémosvos desvelando máis novidades! 🤩🎶

#Castañazo2024#Chantada