Castañazo 2017

O Festival dispón, de forma GRATUÍTA, de 2 zonas de acampada, que estarán abertas de forma ininterrumpida dende as 18:00 horas do venres 10 ata as 14:00 horas do domingo 11, e terán un AFORAMENTO LIMITADO que se cubrirá por rigorosa orde de chegada.


A zona 1 serán de uso exclusivo das persoas que presenten a pulseira correspondente ao aboamento de 2 días, que unha vez completado o aforamento dirixiráselles á zona 2.


A zona 2 estará dispoñible para todo o público do festival (coa entrada dun día ou aboamento).


Ámbalas zonas serán baixo cuberta, e dispoñen de aseos.


Deberedes pasar pola taquilla para cambiar a vosa entrada pola pulseira antes de ir á zona de acampada, xa que será imprescindible presentala para acceder a ela.



ZONA 1

Trátase da zona de acampada de edicións anteriores. Está situada na saída da vila en dirección Monforte, a 900 metros do recinto do festival. Está formada polos polideportivos dos centros C.E.I.P. Eloisa Ribadulla e o I.E.S. Val do Asma. Entre ambos pavillóns suman unha superficie útil de acampada de 1.600 m2.


Castañazo 2017 Castañazo 2017

ZONA 2

A maiores nesta edición, ofertamos unha nova zona situada no barrio da Lama das Quentas, a 1.200 metros do recinto do festival. Formada polos polideportivos dos centros C.E.I.P. Xoán de Requeixo e o I.E.S.Lama das Quendas. Entre ambos pavillóns suman unha superficie útil de acampada de 2.500 m2.


Castañazo 2017 Castañazo 2017


PLANO SITUACIÓN ACAMPADAS

Castañazo 2017



NORMAS E CONDICIÓNS DA ZONA DE ACAMPADA:


Rógase ser estrictamente coidadosos no uso das instalacións.


LEMBRADE QUE SON ESPACIOS CEDIDOS POR CENTROS ESCOLARES E QUE AO DIA SEGUINTE LUNS ESAS INSTALACIÓNS SERÁN USADAS POR NENAS E NENOS. O incumprimento de algunha das seguintes NORMAS será motivo de expulsión por parte do persoal da organización:


-Soamente é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar toldos, lonas, carpas ou outros elementos que supoñan unha extensión horizontal ao espazo da tenda de campaña, dado que a acampada e interior e o espazo moi limitado.


-A acampada realizarase por orde de chegada (non se poden reservar espazos) e en todo momento se seguirán as indicacións do persoal do Festival.


-Está prohibido suxeitar as tendas ao chan, dado que e un espazo interior e pódense facer danos na superficie.


-Prohíbese atar cordas ou outros elementos que supoñan unha barreira entre tendas, por seguridade.


-Coida a túa pulseira e lembra que hai que conservala durante os días que dura o Festival. O seu uso é individual e intransferible e calquera deterioro ou manipulación poderá revocar o teu dereito de acceso.


-Aínda que se pode acceder con bebida e comida, a organización resérvase o dereito a vetar a entrada dalgunha substancia ou utensilio que considere perigoso.


-En cumprimento coa Normativa vixente e pola vosa propia seguridade está PROHIBIDO FUMAR nos lugares de durmida (dentro dos pavillóns).


-A zona de acampada é para durmir. Están prohibidos dispositivos de audio e calquera elemento que poida perturbar o descanso de veciños e de campistas. O respecto e o silencio son esenciais.


-Está terminantemente prohibido facer calquera tipo de lume ou acceder con camping gas ou elementos inflamables (incluídas velas).


-Queda prohibida a entrada de mascotas (excepto cans guía).


-É esencial que o lixo se leve ao contenedor máis cercano. Lembrade que as cabichas son moi contaminantes e recollelas do chan é unha tarefa complicada.


-Non deixes enseres de valor na zona de acampada. A organización do festival non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delictiva que se poida ocasionar.



Se tedes calquera dúbida relacionada coa acampada podes contactar coa Organización en: acampada@castanhazo.com


Moitas grazas pola vosa colaboración.



imagen imagen imagen imagen imagen