Castañazo 2017
ImaxesGrupos

Apertura de portas


A que hora se abren as portas do festival?


O horario de apertura de portas será o seguinte:

•Venres, 10 de novembro as 20:00h.

•Sábado, 11 de novembro as 20:00h.


Taquilla


A que hora abren a taquilla?


A taquilla terá o seguinte horario:

• Venres 10 de novembro: dende as 16:00 horas ata as 03:00 horas do sábado.

• Sábado 11 de novembro: dende as 16:00 horas ata as 03:00 horas do domingo.


Podo pagar con tarxeta no festival? Hai caixeiros no festival?


Non dispoñemos da posibilidade de pagar con tarxeta no festival nin hai caixeiros.


Pulseiras


Teño que cambiar a miña entrada de papel por unha pulseira?


Si, para poder entrar ao recinto do festival terás que pasarte pola taquilla para que che cambien a túa entrada de papel por unha pulseira.


Podo entrar e saír do recinto do festival?


Ao cambiar a túa entrada de papel pola túa pulseira poderás entrar e saír do recinto do tantas veces como queiras.


Comprei a entrada por internet. Teño que levala impresa? 


Aconsellamos traela impresa para maior rapidez pero non é necesario, tamén a podemos validar se nos ensinas o código QR desde o móbil.


Podemos quitarnos a pulseira?


Non. Tal e como recollen as condicións xerais de uso, a pulseira é o único acceso válido para o recinto dos concertos e para a acampada. Esta pulseira é persoal e intransferible, non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se reporá unha pulseira perdida.


Menores


Poden entrar os menores de idade?


Estaremos encantados de recibir a calquera menor de idade que queira vir a gozar da música ao noso festival, pero para que poida entrar é necesario que veña acompañado dun adulto responsable (menores de 16 anos) e que cumpra os requisitos que enumeramos aquí.


Os menores de idade teñen que pagar entrada?


Só pagarán entrada os nados antes do 10/11/2005.


Acampada


As zonas de acampada teñen límite de aforamento?


Si, as dúas zonas de acampada teñen un aforamento limitado que se irá completando por rigorosa orde de chegada.


A que hora podo entrar á zona de acampada?


A zona de acampada estará aberta dende as 18:00 horas do venres 10 ata as 14:00 horas do domingo 12 de novembro.


Podo entrar ás zonas de acampada coa miña entrada de papel?


Non, para poder entrar á zona de acampada deberás pasar previamente por taquilla para cambiar o teu abono de papel pola pulseira correspondente.


Podo entrar ás zonas de acampada coa pulseira dun só día?


A zona de acampada 1 será exclusiva para a xente que teña a pulseira correspondente ao abono de dous días. A zona 2 poderá ser utilizada indistintamente por xente que teña a pulseira correspondente ao abono ou a de entrada de un só día.


Pódese montar tendas na zona de acampada?


Soamente é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar toldos, lonas, carpas ou outros elementos que supoñan unha extensión horizontal ao espazo da tenda de campaña, dado que a acampada e interior e o espazo moi limitado.


A zona de acampada ten duchas?


Si, os ocupantes da zona de acampada 1 disporán de duchas no IES Val do Asma e zona de acampada 2 disporán de duchas no IES Lama das Quendas.


Pódese fumar nas zonas de acampada?


En cumprimento da normativa vixente e pola vosa propia seguridade non estará permitido fumar dentro dos pavillóns das zonas de acampada.


Haberá vixilancia nas zonas de acampada?


Si, as zonas de acampada terán persoal do festival dende que se abran o venres ás 18:00 horas ata que se pechen o domingo ás 14:00 horas. Ademais a este persoal haberá que sumarlle un vixilante de seguridade nas horas de noite. De todos os xeitos recomendámosvos que non deixedes na tenda nada de valor porque a organización non se fará responsable de ningunha posible subtracción.


Bebida


Podo entrar con bebida ao recinto do festival?


Non estará permitido introducir ningún tipo de bebida no recinto do festival.


Podo entrar con bebida nas zonas de acampada?


Si, estará permitido entrar con bebida ás zonas de acampada.


Podo entrar con envases de cristal nas zonas de acampada?


Non, para evitar posibles lesións entre os asistentes, estará prohibido acceder con envases de cristal.


Comida


Podo entrar con comida ao recinto do festival?


Non estará permitido o acceso con comida ao festival. Dentro do recinto haberá zona de foodtrucks.


Podo entrar con comida a zona de acampada?


Si, estará permitido o acceso con comida as zonas de acampada.


Tabaco


Podo mercar tabaco no recinto do festival?


Non hai tabaco a venda no recinto do festival.


Animais


Podo entrar con animais ao recinto do festival? E á acampada?


Non estará permitido o acceso con animais nin ao festival nin ás zonas de acampada salvo cans guía.



imagen imagen imagen imagen imagen Castañazo 2017