Ás 15:30 no Salón de actos do Hotel Mogay:
 |
MESA REDONDA
A GAITA E A MÚSICA
TRADICIONAL NO ROCK
|
| INTERVIRÁN: |
LLORIÁN GARCÍA FLÓREZ
Caldones, Xixón, 1987
Aos 11 anos empezou a recibir clases de gaita. Máis tarde comezou a tocar o violín, instrumento co que formou varios grupos de folk, recibindo diversos premios dentro e fora de Asturies.
Na actualidade compaxina a actividade musical do grupo Dixebra cos estudos de gaita no Conservatorio Profesional “Eduardo Martínez Torner”; ademais, atópase realizando o último curso que lle levará a licenciarse como musicólogo o próximo ano. Así mesmo, é mestre de música diplomado por la Universidad de Uviéu.
|
| |
XAQUÍN MARTÍNEZ BARONA
Sar, Compostela, 1968
Pasou 15 anos como gaiteiro no Grupo Folclórico Colexiata do Sar.
Na actualidade, e dende fai 10 anos, é o gaiteiro oficial dos Ruxe-Ruxe. |
| |
LUIS CAO ASPY
Cambre, A Coruña, 1986
Na actualidade forma parte de Bastards on Parade (punk-folk) donde toca Gaita, tin whistles e frauta tenor, Pangea (Rock-Bravú) tocando a gaita e aaxofón, Grupo de musica e Baile "As Mariñas" de Cambre tocando a gaita e o tamboril. Ten acompañado á Banda de Sementeira (Cambre) a tocar e gravar pezas mesturando a música clásica coa gaita, tamén nun grupo do seu pobo onde intentou mesturar o trash metal coa gaita. Asemade deu algunha clase en obradoiros de iniciación e perfeccionamento de percusión especialmente do Djembe. |
| |
AARÓN IAGO BOUZÓN BARRIO
A Coruña, 1983
Comezou a tocar a gaita na agrupación de baile tradicional Os Rueiriños, músico gaiteiro e frautista, formou parte de múltiples bandas como Pedras, GS21, Banda Potemkin, Deixa que Xa, Frouma, Os Lavacolhos...
Na actualidade é integrante do grupo Ulträqäns xunto con tres destacados músicos do panorama galaico. |
|
 |
Todo dirixido e moderado por VITUCO NEIRA, presentador do programa PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música e vocalista e guitarra do grupo Ruxe-Ruxe. |
 |
CONFERENCIA
HISTORIA E GLORIA DA CANCIÓN DE TASCA
|
| INTERVIRÁ: |
XURXO SOUTO
A Coruña, 1966
Foi fundador do conxunto bravú “ Os Diplomáticos de Monte-Alto” e agora -tras varias experiencias sonoras e algúns libros escritos- toca o acordeón no grupo “ Tres Trebóns”.
HISTORIA E GLORIA DA CANCIÓN DE TASCA
"Si canta mal, no cante. Si canta bien, cante fuera", con este cartel espermicida de paixóns, a hostalería de formica expulsou –ai! canta ingratitude!– a canción dos bares. Seguindo a pegada dos vellos resistentes que nunca renunciaron a soltar a gorxa en melodía, imos xuntos mollar o futuro neste ritual prodixioso: música e amizade compartida, cun grolo de viño, nas tabernas máis queridas.
|
|
|
|
|