| |
Un ano máis os cativos tamén terán o seu espazo no Castañazo, polo que o sábado 29 de outubro ás 12:00 h. na Praza do Cantón (se chove na Casa da Música) contaremos coa actuación do grupo de animación musical Os Tres Tenedores.
Baixo o nome de “Ensalada de Instrumentos” poderemos desfrutar dun espectáculo innovador de teatro, música e humor onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo... Todo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, e dirixido a un público infantil e familiar.
A entrada para esta actividade será de balde e tódolos asistentes poderán participar dun magosto ó rematar a actuación.
OS TRES TENEDORES • ostrestenedores.com • myspace.com/ostrestenedores • facebook.com/ostrestenedores
|
 |
 |
 |
| |
|
|
|
|
 |