
|
Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. No Castañazo somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o II Concurso de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade na pasada edición facemos unha nova convocatoria para o día 29 de Outubro, día do festival, entre as 12:00 e as 15:00 horas.
|
| ITINERARIO |
- Café Parada.
- Café Los Ángeles.
- Café Capitol.
- Restaurante Centro.
- Bar O Canizo.
- Café Mar.
- Café Manix.
- Bar Plaza.
- Polbería Os Pendellos.
|
 |
| Descargar itinerario » |
BASES |
- Os grupos musicais estarán formados por un máximo de 10 persoas. Deberán anotarse polos medios que se dispoñen a continuación antes do 29 de Outubro do 2011, indicando no momento da inscrición o nome do grupo, un correo electrónico e un teléfono de contacto. Asignaráselle un número de acordo ao orde de inscrición.
- A inscrición é de balde e poderase realizar mediante o mail: castanhazorock@hotmail.com, ben chamando ao tlf: 680 287 767, ou tamén se pode realizar a inscrición mediante o seguinte formulario ».
- A recepción dos participantes farase o día da actividade ás 11:30 h. na Praza de Santa Ana (Plazuela) de Chantada.
- Cada grupo contará con asistencia dun membro da organización que o guiará ao longo do percorrido co fin de axilizar a actividade e que non se produzan grandes aglomeracións nunha única taberna.
- En cada taberna os integrantes do grupo poden degustar unha consumición (viño, cervexa) a cargo da organización.
- En cada estabelecemento será o/a taberneiro/a correspondente o/a responsábel de outorgar a puntuación, que estará comprendida entre 1 e 10 puntos. Membros da organización recollerán cadansúa puntuación co fin de facer un reconto final que terá lugar na última taberna, Os Pendellos. Aquel que consiga máis puntos resultará gañador, establécese tamén un segundo e terceiro posto.
- Premios
1º. Xantar na Polbería Os Pendellos para os membros do grupo.
2º. Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Adegas Amedo.
3º. Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Adegas Amedo. |
|
|
|
|
| |
|
| |
|