Como o prometido é débeda aquí vos traemos unha OUVEOS DO CASTAÑAZO
O 4 de maio, ás 21:00h, na sala Yoel, esperámosvos a todas para ouvear xuntas ao son de Cuarta Xusta e Liviao de Marrao.
Unha sesión de concertos especiais porque nos encanta desfrutar na nosa terra da boa música e compaña.
Esta sesión ven chea de sorpresas que vos iremos desvelando ao longo das vindeiras semanas!
#OuveosdoCastañazo#CuartaXusta#LiviaodeMarrao#Chantada
Primeiras entradas a venda dende o luns 8 de abril as 13:00 aquí
Castañazo 2024
Estamos de volta e facémolo con esta nova imaxe deseñada por JonGo Art
Corre a dicirllo as tuas colegas e reservade o 1 e 2 de novembro para volver a vivir unha nova edición do noso #FestivalDeOutono
Este ano aproveitamos a ponte de novembro para que teñades unha escusa máis para vir o de Galicia, pode haber un plan mellor?
Toda a maquinaria a funcionar para traer unha nova edición que de seguro virá chea de emocións e diversión. Estade atentas as nosas redes pois irémosvos desvelando máis novidades!