O día 18 de abril vai haber lea en Chantada. 6 bandas CabodanoExeriaMEU Rock GZNuadaTerror Erótico e ünder & Diego Flâneur batallarán por ser as vencedoras desta Liorta Musical. Merca a túa entrada para poder votar pola proposta que queres ver no Castañazo 2026 aquí

 Moitas grazas os nosos patrocinadores os cales podes ver aquí

🌰🐺 CARTEL COMPLETO POR DÍAS!

Así queda o cartel completo para esta XX Edición por días:

Venres, 31 de outubro

The Rapants, Catuxa Salom, Mondra, Liviao de Marrao e Terrae

Sábado, 1 de novembro

Baiuca, De Ninghures, Rastreros, A Banda da Loba e Orquestra Bravú Xangai

Entre concertos contaremos coa Yaya DJ e como xa ven sendo tradición pasarrúas coa Mekanika Rolling Band

Por suposto volveremos a contar cunha chea de actividades gratuítas para todos os públicos: Ourizo Miúdo, Cantos de Taberna, Xogos Bravús e Feira de Artesanía!

Somos o Festival do Outono por iso estamos preparados para que a ☔ non pare a festa contamos con recinto cuberto e acampada gratuíta ata completar aforo nos pavillóns dos centros educativos da vila.

Organiza:

Asociación sen animo de lucro