NOVAS
OBRADOIROS DE ROCK
Coincidindo coa celebración da VI edición do CASTAÑAZO ROCK e dentro da súa dinámica de incluír no programa unha variedade de actos culturais, este ano terán lugar os Iº OBRADOIROS DE BAIXO, BATERÍA GUITARRA E PRODUCIÓN MUSICAL, que serán impartidos por personalidades de recoñecido prestixio dentro do panorama musical galego, e incluso alén das nosas fronteiras.

Estes obradoiros van encamiñados a promocionar a iniciación na experiencia musical, ben através dun instrumento dos tres xa sinalados, ben utilizando as novas tecnoloxías e a produción musical.
Para iso recorremos a persoeiros do panorama musical que, a parte da súa probada técnica, contan cun amplo bagaxe dentro dos escenarios e os estudios de gravación. Son miles de horas adicadas á musica cunha boa chea de experiencias e anécdotas que van máis aló do que é a pura técnica instrumental.

Os obradoiros son independentes e celebraranse todos simultáneamente o día 1 de novembro do 2008 en distintos locais de Chantada.

O número de prazas por obradoiro estará limitado a un máximo de 15 e serán atendidas por rigoroso orde de recepción.

O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
Para inscribirte:
Envía un E-mail a: ocastanazo@yahoo.com cos teus datos (Nome e apelidos, idade, en que obradoiro te queres inscribir, e un teléfono de contacto). Nós enviarémosche un mail, aceptando a túa pre-inscripción, co número de conta da asociación cultural O Castanhazo, onde deberás realizar o ingreso antes de 2 días laborables (facemos isto debido á que as prazas son limitadas e para aceptar as solicitudes por rigoroso orde de recepción). En canto confirmemos que así o fixeches xa che remitimos por correo electrónico e teléfono a confirmación da túa inscrición e toda a información que necesitas para ese día.
Prezo de inscrición: 26 €
Descarga o folleto dos obradoiros [pdf] »
ALBERTO CEREIJO GUITARRA
ALBERTO CEREIJO
(A Coruña, 1967)

GUITARRA

 Metodoloxía do curso

1. Durante as primeiras 3 horas da mañá explicaranse:

- Acordes.
- Escalas.
- Arpexos.
- Técnicas de arranxos.

2. Todo isto utilizando cancións, de xeito que se perciba directamente a conexión entre un apartado técnico e a súa aplicación para a composición e arranxos de cancións.

3. Ademais pola tarde teremos 2 horas para preguntas e poder intercam biar impresións e experiencias. Intentaranse aclarar dubidas sobre:

- Equipos.
- Diferentes sons.
- Efectos.
- Instrumentos.
- Accesorios, etc...


  Breve biografía do profesor
ALBERTO CEREIJO (A Coruña, 1967)
www.albertocereijo.com

Na escola Estudio de Compostela estuda harmonía, composición, improvisación, solfexo, polirritmia, instrumento, etc... E no Conservatorio Oficial de Música de Ourense, estuda guitarra, solfexo e canto coral. Gradúase e realiza un Máster no Musicians Institute de Hollywood no departamento de Guitar Institute of Technology.
Comezou a tocar en bandas locais (de Ourense) como “Alquitrán” e “Reina del Alba”. En 1989 entra a formar parte de Los Suaves. Grava un par de discos en solitario e funda unha nova banda, ECO, coa que grava outro disco.
Foi declarado mellor guitarrista nacional en varias ocasións, por varios medios de comunicación e por votación popular.
 
PEDRO FEIJOO BAIXO
PEDRO FEIJOO BARREIRO
(Vigo, 1975)

BAIXO

 Metodoloxía do curso

Prólogo: O baixo eléctrico: “O que? Ese é o que soa máis baixiño, non é?”
1. Breve repaso á historia do baixo eléctrico: desde cando o baixo eléctrico non era nin baixo, nin moito menos eléctrico, até o Ampeg SVX.

2. O baixo eléctrico hoxe: “E se ten menos cordas, por que non é nin máis pequeno nin máis fácil de tocar?” Modelos e características.

3. O amplificador: “xa a min me parecía que soaba baixo demais…”. Válvulas e transistores, combos e cabezais, efectos e procesadores. Eses xoguetiños todos…

4. Como dirían os Beatles, All together now! O baixo dentro do grupo.

5. O baixo no escenario: “A carón do pescozo, á altura dos xeonllos… Onde carallo me colgo este morto?!”

6. O baixo no estudio de gravación. Pulso, groove, beat, swing, feeling, e outras palabrotas polo estilo…

7. Basta de teoría! Pero de que carallo estamos a falar todo este tempo?! Escoitando uns cantos exemplos.

8. Co baixo nas mans: Menos samba e máis traballar. Introdución ás distintas técnicas de execución.

9. Uns cantos consellos prácticos á hora de nos achegar a un baixo eléctrico. Conservar a saúde (ou, cando menos, os dedos nas mans) tampouco está demais…

Epílogo: Pero se aquí os que ligan son os cantantes e os guitarristas, para qué meternos en líos? O mundo visto desde dentro dun grupo: outro xeito de entender a vida.


  Breve biografía do profesor
PEDRO FEIJOO BARREIRO (Vigo, 1975)

“Son músico, produtor, toco o baixo eléctrico dende os 14 anos, e estou convencido de que non hai máis relixión que os Ramones”.

Tocou como Baixista en The Menciales, Kgben, Los Feliz, e actualmente e dende o 2003, faino en Lamatumbá. Con todas estas bandas ten publicados distintos traballos.

Ten traballado con Maestro Reverendo, Bersuit Vergarabat, Betagarri, Tom Trovador...
Como produtor, aprendeu e traballou a carón de Paco “Loco” Martínez, Eugenio Muñoz, Kaki Arkarazo, Jesús Arispont, Javier Abreu, ou, Segundo Grandío, firmando traballos de bandas como Skarnio, Annie Hall, Guezos, Transilvanians, ou os propios Lamatumbá. É tamén autor do libro Viva o Fu Remol (Ed. Xerais).
 
FRAN AMIL BATERÍA
FRAN AMIL
(A Coruña, 1977)

BATERÍA

 Metodoloxía do curso

1. Control das baquetas e posicionamento ante o instrumento para evitar lesións musculares.

2. Xeito de agarre e golpeo coas baquetas.
3. Técnicas de estudio:
- Rudimentos de caixa: golpes simples, golpes dobres, tresillos, alternancia de mans (paradidles), mordentes (flams).
- Inclusión do bombo e o charles como acompañamento do estudio coa caixa.
- Xogos e aperturas de charles.

4. Emprego do metrónomo
para asentar o pulso durante o estudio de caixa e na execución de patróns rítmicos.

5. Estudio de diferentes estilos rítmicos e diversas fusións.

6. Organización do tempo de estudio. Optimización: estudio de rudimentos, patróns, improvisación; estudio temas de repertorio propio; preparativos para unha sesión de gravación en estudio...

7. Selección de métodos de estudio (para caixa e para batería; diversos autores).

8. Internet. Unha ferramenta para avanzar cos tempos...

9. Demostración práctica: Unha hora de estudio organizada en catro seccións de 15 minutos cada unha:
- Rudimentos de caixa.
- Rudimentos co bombo, charles e caixa.
- Estudio dun patrón rítmico.
- Estudio dun tema de repertorio propio

10. Audición de varios baterías.

11. Os alumnos contactan coa batería (tocata e fuga redobrante).

12. Importancia da versatilidade dun batería (de cara a progresar individualmente e como xeito de optar a tocar con diversas bandas dun xeito satisfactorio).

13.- Conclusións. Preguntas e respostas ou respostas a preguntas... (Respostas sen preguntas e preguntas sen resposta...). Suxestións varias...


  Breve biografía do profesor
FRAN AMIL (A Coruña, 1977)

Estudou solfexo na Asociación Sementeira. Ademais de batería é compositor e letrista .

Tocou a batería en: Os Papaqueixos, Alberto Mbundi e A Turma Angologalega, Ruxe Ruxe, Banda Potemkin, Os Diplomáticos, Tirando P’adelante, Taru e Os Paxaros Coiro, cos que gravou varios discos e temas soltos. Tocou tamén en diversas orquestras, ademais de ser colaborador de diferentes músicos como Mercedes Peón, Guillermo Lancelotti, Pablo Díaz, etc.
Actualmente toca en Os Tres Trebóns e Ulträqäns.
Recentemente dúas cancións súas foron escollidas como parte da banda sonora da película A casa da luz, recentemente rodada e en fase de postprodución.
 
Skacha SON E PRODUCIÓN MUSICAL
JAVIER ABREU
(1965)

SON E PRODUCIÓN MUSICAL

 Metodoloxía do curso

1. Empecemos polo principio.
- Son.
- Acústica de recintos.
- Sistemas de escoita.
- Expectativas sobre o son.

2. O proceso.
- Captación.
- Gravación.
- Edición e mistura.
- Mastering.

3. Reconsideracións.
- Analóxico vs dixital
- Frescura vs perfección.
- Produción comercial vs alternativa.

4. Como chegamos ata aquí?
- A industria discográfica.
- O futuro do negocio da música.


  Breve biografía do profesor
JAVIER ABREU (1965)

Ten máis de 100 discos gravados, produciu máis de 30. Fundador e director do primeiro estudio de gravación profesional de Galicia (Planta Sónica, Vigo) e do primeiro dixital (Fusión Audio). Fundador e director de MAN Records cunha trintena de referencias de distintos artistas. Actualmente é fundador e director dos Estudios Océano (Nigrán).

Premio MAKETON ESTRELLA GALICIA ó mellor Produtor (2002).

É técnico de son e produtor de eventos musicais. Traballou con Los Piratas, Lombardi, Gira Movistar 2002, etc.
Fixo o deseño acústico e a dirección de obra do Estudio de Gravación da Facultade de CC.SS. de Vigo, dos estudios Fusión e de Océano Estudio.
Profesor en cursos de Extensión Universitaria na Univ. de Vigo: Son e gravación musical, sonorización e produción musical, e son e programación MIDI.
Profesor do curso “Estudio de gravación dixital e uso de Pro Tools” impartido a profesorado e técnicos da Fac. de CCSS da Univ. de Vigo.

Profesor de Gravación Musical na Escola de Imaxe e Son de Vigo.

Guitarrista e multi-instrumentista, músico de sesión en máis de 30 discos.
 
 
calefacción
entrada
charanga
magosto
polbo
pavillón para durmir
 
  :: COLABORADORES LOCAIS »
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novodesenho_ mail castanahzo.com myespace.com/ocastanazo