novas myspace
HISTORIA DO CASTAÑAZO CONCERTOS CASTAÑAZO9 CONFERENCIAS XOGOS BRAVÚS PREGUNTAS E RESPOSTAS FORO ONDE DURMIR COMO CHEGAR
CONFERENCIAS
Ás 15:30 no Salón de actos do Hotel Mogay:

MESA REDONDA
A GAITA E A MÚSICA
TRADICIONAL NO ROCK


15:30 H.
Salón de actos do Hotel Mogay



 

 INTERVIRÁN:
LLORIÁN GARCÍA FLÓREZ  
myspace.com/llorian  
LLORIÁN GARCÍA FLÓREZ
Caldones, Xixón, 1987

Aos 11 anos empezou a recibir clases de gaita. Máis tarde comezou a tocar o violín, instrumento co que formou varios grupos de folk, recibindo diversos premios dentro e fora de Asturies.

Na actualidade compaxina a actividade musical do grupo Dixebra cos estudos de gaita no Conservatorio Profesional “Eduardo Martínez Torner”; ademais, atópase realizando o último curso que lle levará a licenciarse como musicólogo o próximo ano. Así mesmo, é mestre de música diplomado por la Universidad de Uviéu.

 
XAQUÍN MARTÍNEZ BARONA  
   
XAQUÍN MARTÍNEZ BARONA
Sar, Compostela, 1968

Pasou 15 anos como gaiteiro no Grupo Folclórico Colexiata do Sar.

Na actualidade, e dende fai 10 anos, é o gaiteiro oficial  dos Ruxe-Ruxe.
 
LUIS CAO ASPY  
   
LUIS CAO ASPY
Cambre, A Coruña, 1986

Na actualidade forma parte de Bastards on Parade (punk-folk) donde toca Gaita, tin whistles e frauta tenor, Pangea (Rock-Bravú) tocando a gaita e aaxofón, Grupo de musica e Baile "As Mariñas" de Cambre tocando a gaita e o tamboril. Ten acompañado á Banda de Sementeira (Cambre) a tocar e gravar pezas mesturando a música clásica coa gaita, tamén nun grupo do seu pobo onde intentou mesturar o trash metal coa gaita. Asemade deu algunha clase en obradoiros de iniciación e perfeccionamento de percusión especialmente do Djembe.
 
AARÓN IAGO BOUZÓN BARRIO  
   
AARÓN IAGO BOUZÓN BARRIO
A Coruña, 1983

Comezou a tocar a gaita na agrupación de baile tradicional Os Rueiriños, músico gaiteiro e frautista, formou parte de múltiples bandas como Pedras, GS21, Banda Potemkin, Deixa que Xa, Frouma, Os Lavacolhos...

Na actualidade é integrante do grupo Ulträqäns xunto con tres destacados músicos do panorama galaico.
Todo dirixido e moderado por VITUCO NEIRA, presentador do programa PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música e vocalista e guitarra do grupo Ruxe-Ruxe.
 
CONFERENCIA
HISTORIA E GLORIA DA CANCIÓN DE TASCA

16:00 H.
Salón de actos do Hotel Mogay

 

 INTERVIRÁ:
 
XURXO SOUTO
A Coruña, 1966

Foi fundador do conxunto bravú “Os Diplomáticos de Monte-Alto” e  agora -tras varias experiencias sonoras e algúns libros escritos-  toca o acordeón no grupo “Tres Trebóns”.



HISTORIA E GLORIA DA CANCIÓN DE TASCA
"Si canta mal, no cante. Si canta bien, cante fuera", con este cartel espermicida de paixóns, a hostalería de formica expulsou –ai! canta ingratitude!– a canción dos bares. Seguindo a pegada dos vellos resistentes que nunca renunciaron a soltar a gorxa en melodía, imos xuntos mollar o futuro neste ritual prodixioso: música e amizade compartida, cun grolo de viño, nas tabernas máis queridas. 


 
 
ÚLTIMA HORA
MERCHANDISING
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ENTRADA 5 €
ESTAREMNOS BAIXO CUBERTA
GRAN MAGOSTO
FEIRA CON POLBO, CARNE, PAN E VIÑO
HABILITADO PAVILLÓN PARA DURMIR
 
facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter
     :: COLABORADORES LOCAIS >>
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novodesenho_ novodesenho_
novodesenho_ mail castanahzo.com myespace.com/ocastanazo
facebook fotolog myspace