novas myspace
HISTORIA DO CASTAÑAZO CONCERTOS CASTAÑAZO9 CONFERENCIAS XOGOS BRAVÚS PREGUNTAS E RESPOSTAS FORO ONDE DURMIR COMO CHEGAR
PREGUNTAS E RESPOSTAS
ENTRADAS

1. Onde podo comprar ás entradas para o Castañazo?
Non hai posibilidade de mercar a entrada por anticipado.
As entradas para o Castañazo poñeranse á venda na taquilla do recinto o mesmo día do festival (1 de Novembro) ao prezo de 5 €.

2. Necesitan os nenos entrada?
Non, si son menores de 12 anos e van acompañados dun adulto que si teña entrada.
Os maiores de 12 anos, terán que pagar a súa entrada.

3. Deberei levar algún documento de identificación?
É recomendable levar sempre enriba o DNI por se nalgún momento do festival é necesario o seu uso.

4. Podo entrar e saír do recinto as veces que queira?
A cada persoa substituiráselle a entrada por un xustificante do seu pago (pulseira, selo, ...), que lle dará dereito a entrar e saír do recinto cantas veces queira.


O QUE PODO LEVAR AO FESTIVAL

1. Alcohol
Non. Está prohibida a entrada ao recinto con recipientes que superen en cantidade os 500 ml., aínda que sexa auga. No festival poderás mercar bebidas que se servirán en vasos de plástico.

2. Comida
Non está prohibido o acceso con comida ao recinto pero non é necesario que a traias xa que no festival poderás mercala se así o precisas.

3. Paraugas
Nós recomendamos que si é necesario traias impermeables ou preferiblemente paraugas pregables pequenos. De tódolos xeitos o 90% do recinto é baixo cuberta.

4. Podo levar o meu animal doméstico?
Non. Debido á súa propia seguridade e tamén debido á seguridade dos asistentes prohíbese a entrada ao recinto con animais domésticos.


PREGUNTAS XERAIS


1. Onde podo estacionar o meu coche?
A menos de 100 m. do recinto habilitaranse aparcadoiros debidamente sinalizados.
Ademais o recinto atópase a menos de 500m. do centro do pobo. Non está permitido estacionar dentro do recinto do mercado gandeiro.

2. Podo ir en autobús ata o festival?
Si, a estación de autobuses de Chantada atópase a 100 m. do recinto do festival.

3. Como me informo dos horarios dos concertos?
Poderás consultalos na nosa web uns días antes do evento. Pero recorda que a orde de actuación esta suxeita a cambios debido a que poden xurdir situacións imprevistas que poden variar a hora dos concertos. En todo caso no propio recinto informaríase dos posibles cambios.

4. Que é considerado como cámaras profesionais e cámaras dixitais profesionais?
Non poderás entrar ao recinto con cámaras profesionais. Entendemos como cámaras profesionais as que teñan obxectivos intercambiables (entre outras cousas). Tampouco poderás acceder con cámaras de vídeo.
ÚLTIMA HORA
MERCHANDISING
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ENTRADA 5 €
ESTAREMNOS BAIXO CUBERTA
GRAN MAGOSTO
FEIRA CON POLBO, CARNE, PAN E VIÑO
HABILITADO PAVILLÓN PARA DURMIR
 
facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace
 
     :: COLABORADORES LOCAIS >>
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_
novodesenho_ mail castanahzo.commyespace.com/ocastanazo