novas myspace
HISTORIA DO CASTAÑAZO CONCERTOS CASTAÑAZO9 CONFERENCIAS XOGOS BRAVÚS PREGUNTAS E RESPOSTAS FORO ONDE DURMIR COMO CHEGAR
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
18:00 Luis "O Caruncho" e Benito Lobariños (Os Jordechos) amenizarannos os Xogos Bravús

21:00
- 21:30 Regueifas a cargo de "Os Jordechos"
 
O Caruncho e máis Benito Lobariños (Os Jordechos) amenizarannos a noite coas súas regueifas
Foto: Alberto López
 
Contaremos nesta VII edición do festival coa actuación de dous dos mellores Regueifeiros galegos que se encargarán da apertura/presentación da verbena en sesión de noite, e que a bo seguro han contribuír a caldear o ambiente coas súas rimas satíricas e mordaces.

Para aqueles que aínda descoñezan esta arte milenaria, dicirlles que estamos a falar dos novos trobadores do século XXI enfrontados nun combate dialéctico onde as únicas armas son, no ataque unha boa rima e na defensa un bo retrouso, co único fin de deixar en evidencia ante o público ao rival. Para tódolos demais familiarizados con este espectáculo, queda admirar esta manifestación de orixinalidade e imaxinación ou no tanto, animarse a entrar no combate cunha boa troba.


En tempos pasados era doado atoparse con estes artistas nas cantinas e tabernas, onde ao abeiro dun vaso de viño escoitábanse as regueifas moitas veces ata altas horas. Desgraciadamente moitos destes mestres foron morrendo, as tabernas pechando e con eles as regueifas esmorecendo. Mais afortunadamente nos últimos tempos iniciouse un proceso de recuperación desta arte con numerosos regueifeiros que percorren o país amosando e ensinado aos máis novos a regueifar.

Como non podía ser menos dende o Castañazo queremos apoiar a difusión das regueifas tamén nesta zona, onde por desgraza, os vellos regueifeiros xa hai anos que nos deixaron. Co obxectivo, de que toda a xente moza saiba o que é unha regueifa e coa esperanza de que se volvan a escoitar as rimas nas tabernas galegas.
 
 
 
ÚLTIMA HORA
MERCHANDISING
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ENTRADA 5 €
ESTAREMNOS BAIXO CUBERTA
GRAN MAGOSTO
FEIRA CON POLBO, CARNE, PAN E VIÑO
HABILITADO PAVILLÓN PARA DURMIR
 
facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace
 
     :: COLABORADORES LOCAIS >>
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_ novodesenho_
novodesenho_