imagen imagen imagen imagen imagen

Cantos de Taberna

Cantos 2013

                          Descargar díptico completo Cara A                          

                          Descargar díptico completo Cara B                          
Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. No Castañazo somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o IV Concurso de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade na pasada edición facemos unha nova convocatoria para o día 2 de Novembro, día do festival, entre as 15:00 e as 18:00 horas.

ITINERARIO

  1. Bar Parada.
  2. Café Los Ángeles.
  3. Café Capitol.
  4. Restaurante Centro.
  5. Bar O Canizo.
  6. Café Mar.
  7. Cervexería Cheers.
  8. Bar Plaza.
Descargar itinerario

BASES

  1. Os grupos estarán formados por un máximo de 10 persoas (quedarán excluídos todos os que rebasen este tope), sendo tamén 10 o número de grupos aceptados para actividade. A incripción farase por orde de contacto coa organización ata completar este máximo.

  2. A inscrición é de balde e poderase realizar mediante o mail: castanhazorock@hotmail.com,ou ben chamando ao tlf: 680 287 767.

  3. A inscrición realizarase a partir do 1 de Outubro ata o día 1 de Novembro do 2013, indicando no momento o nome do grupo, un correo electrónico e un teléfono de contacto.

  4. A recepción dos participantes farase o día da actividade ás 15:00 h. na Praza de Santa Ana (Plazuela) de Chantada.Prégase puntualidade co fin de non solapar actividades.

  5. Cada grupo poderá interpretar unha única peza en cada taberna, sendo esta de libre escolla e podendo variarse ao longo do percorrido. Contarán así mesmo coa asistencia de membros da organización que os acompañarán ao longo do percorrido.

  6. En cada taberna os integrantes do grupo poden degustar unha consumición (viño, cervexa) a cargo da organización.

  7. En cada estabelecemento será o/a taberneiro/a o/a responsábel de outorgar a puntuación trala actuación, que estará comprendida entre 1 e 10 puntos. Aquel que consiga máis puntos ao final do percorrido resultará gañador, establécese tamén un segundo e terceiro posto.

  8. A entrega de premios terá lugar no punto de encontro inicial, Praza de Santa Ana (Plazuela) ao rematar o percorrido.

  9. Premios
    1º. Cea na Polbería Os Pendellos para os membros do grupo e Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra Adegas Amedo.

    2º. Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra Adegas Amedo e Lote de camisetas do festival para os membros do grupo.

    3º. Lote de camisetas do festival.

GRUPOS PARTICIPANTES 2013

  1. Trinzadura de Trasancos.
  2. Fiasco.
  3. Cantares do Asma.
  4. Coro Fuscalheiro.
  5. Amighas da Turuta.
  6. Son do Souto.
  7. Mariñeiros do Monte.
  8. Paragüeiros.
  9. Cantamañanas.
  10. Rejatos de Jloria.

FOTOS EDICIÓNS ANTERIORES

Cantos 2013

Cantos 2013

Cantos 2013

Cantos 2013

Cantos 2013

Cantos 2013


Actividades Castañazo Rock 2013

Sábado 2 de novembro.Horarios finais.

Hora Actividade Lugar Acceso Saber máis
  12:00     CHANTADILLO     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  12:00     ACTIVIDADES PARA NENOS     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  15:00     CANTOS DE TABERNA     PRAZA SANTA ANA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  17:00     ABERTO DE BILLARDA     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:00     CARREIRA DE CARROS(TRACCIÓN HUMANA)     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:30     Apertura de portas do recinto (Taquilla aberta dende as 17:00)  
  19:00     XOGOS BRAVÚS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  20:00     MAGOSTO POPULAR     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  21:00     CONCERTOS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
21:00   ExTensión Agraria (Gañador I concurso de bandas emerxentes castañazo rock)  
21:55   Nao  
23:10   Bongo Botrako  
00:40   Che Sudaka  
02:10   Lendakaris Muertos  
03:45   Dakidarria  



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacions Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Lendakaris Muertos Bongo Botrako Che Sudaka Dakidarria Nao Gañador concurso de bandas Concello de Chantada Deputacion de Lugo Adegas Amedo S.L. Chantadafilms Gadis