imagen imagen imagen imagen imagen

Concurso de Bandas


Participantes 1 de 3


imagen

  1. Vicky Polard. Grunge/Funk. Compostela. Vota a este grupo desde aquí.


  2. imagen

    Vicky Polard somos un grupo de Santiago de Compostela que levamos tocando xuntos dende 2010. A nosa maior ambición era aportar algo novo e orixinal ó panorama musical galego e tratar de abordar e xuntar todos os nosos gustos musicais dende o noso idioma, os 90´s son a nosa maior influecia dende todos os puntos de vista. Pearl Jam, Alice in Chains, Beck, Mudhoney,... foron decisivos á hora de montar o grupo. Levamos ofrecendo bolos dende 2011 dun xeito máis ou menos constante. Pouco a pouco fomos mercando equipo e material ate xuntar o sufienciente para poder grabar un álbum. O noso disco de presentación "42" máis que un disco en sí mesmo, é un recopilatorio de algúns dos temas e estilos que fomos abordando ó longo destos 2 anos e medio. Agora mesmo estamos a experimentar con outros estilos que nunca abordaramos sen abandonar nunca as nosas anteriores influencias, así pois comezamos a incluír rap e funk nas nosas novas composicións coas influencias de Cake, Blur, Fluzo, Malandrómeda, RHCP, Living Colour,...etc. E ate aquí un breve resumo da banda.

    Paxina do grupo



  3. Okeoh!. Metal galego. Vedra. Vota a este grupo desde aquí.


  4. imagen

    “OKEOH” formouse no 2010 co obxetivo de facer musica e pasalo ben entre amigos.empezamos con unha formación de 4. Empezamos a ensaiar a principios do 2010 e os 4 meses comezamos a tocar en bares e festas locais, ata que Rubén abandonou o grupo por motivos persoais . A finais do 2010 uníronse dous novos membros ó grupo e completando a formación de 5 membros Guitarra : Juan Manuel Fandiño Cobas voz: Alberto Fabian Gaspar Pereyra Batería : Adolfo García Fragoso Baixo e coros: Ángel Gomez Ares Guitarra e coros : Marcos Balado Núñez A nosa música ten moitas influencias dende rock,punk,metal ,chegando a folk e as letras son reivindicativas e enxebres. A principio do 2011 grabamos a nosa primeira maqeta ,sendo asi unha boa experiencia e motivandonos para seguir a diante con empeño e traballo. Estas son as datas que fixemos ata o de agora En marzo deste mesmo ano o guitarra fandiño decidiu deixar o grupo qedando ca formacion actual de 4 .o principio custounos adaptarnos con unha guitarra soa pero creo q o superamos ben e continuamos para diante sen menos problema.

    Paxina do grupo



  5. Collón de Lola. Versións do Xabarín. Compostela. Vota a este grupo desde aquí.


  6. imagen

    Somos Collón DE Lola. un grupo Santiagués de versións do xabarín club que leva dende o ano 2011 tocando por toda Galicia, en lugares como Ribeira, Arbo, Santiago de Compostela, Tui, Ferrol, A Guarda, Tomiño, Pontevedra, Redondela ou A Coruña, en concertos, festivais ou festas gastronómicas e non queremos parar!

    Paxina do grupo



  7. Os Podridos. Rock/Ska/Regaae. Beade (Vigo). Vota a este grupo desde aquí.


  8. imagen

    OS PODRIDOS son un grupo de Beade (VIGO), dedicado á fusión entre Rock, Reagee, Ska, Funk e outros estilos musicais, sempre cun enfoque onde conseguir facer unha boa festa é o principal. Normalmente, un concerto dos podridos remata sempre sendo unha grande festa onde o importante é que o público desfrute o máis posible. O lema do grupo é: "Canto mellor o pase o público, mellor pasará o grupo tamén enriba do escenario".

    Paxina do grupo



  9. Solfabirras. Punk Rock galego. Pontecaldelas. Vota a este grupo desde aquí.


  10. imagen

    Solfabirras naceu ala polo ano 2009, nunha palleira de Pontecaldelas, formado polos compañeiros de instituto: Juan (guitarra), Jaco (guitarra e voz principal) e Berto (batería), os que pouco máis tarde uniuse Smyth (baixo). Debutaron no festival Muxo Rock, en Pontevedra, e foi de camiño o festi onde decidiron que se chamarían Solfabirras. Comezaron facendo versións dos míticos grupos de punk estatal, Barricada, La Polla, Cicatriz... e co paso do tempo foron añadiendo temas propios marcados polo rock contundente e o punk máis cañeiro. Purulando sempre polo Morrazo con algunha que outra incursión na Barbanza, O Baixo Miño ou Compostela, dende aquel verán do 2009 segue dando guerra a mesma calaña que fundou o grupo, lebando o descontrol ala onde tocan, onde non volve a crecer a herba.

    Paxina do grupo



  11. Colectivo Bomba. Mestizaxe. Lugo. Vota a este grupo desde aquí.


  12. imagen

    Colectivo Bomba é banda formada en Maio de 2013 por 6 mozos da provincia de Lugo. Mestizaxe puro, festa, ska, rock, reggae con letras en Galego, Castelán e Inglés de temas todos propios cunha esencial sección de metáis. Actualmente despóis de más de 20 concertos teñen o proxecto de grabar o seu primeiro disco de estudio mentres preparan o seu novo directo e sair a xirar o máximo posíbel.

    Paxina do grupo



  13. Menage a Trois. Fusión. Ourense. Vota a este grupo desde aquí.


  14. imagen

    Banda composta por músicos afincados en Ourense e Vigo, ofrecemos un espectáculo que se chama "Ciclogénesis explosiva", somos 9 persoas con un show que se acerca a ritmos latinos, mais percutivos, bailables e alegres.

    Paxina do grupo



  15. Kambotes. Punk Rock/Folk. Rodeiro. Vota a este grupo desde aquí.


  16. imagen

    Kambotes nace en 1990 en Rodeiro da man de Jaime, pero non será ata 1997 cando se forme o grupo dunha forma máis seria. En 1998 gravan a súa primeira maqueta en directo: "Poesía da rúa con crítica social e espírito roqueiro", unha fita que se reparte entre toda a xente e dáos a coñecer pola zona. En 1999 gravan o seu disco presentación: "Traizoeiro Popular", 6 cancións que gravarán nos estudos "Sons Galiza de Lugo, con Fernando Madina (Reincidentes) como produtor. No ano 2000 preparan "Eutrapelia" o seu primeiro cd completo, que editará Desobediencia Records e se gravará nos estudos Área Máter de Vigo, con Fernando como produtor e Javier Abreu como técnico. Este disco sae á venda en toda España con gran repercusión e en revistas de venda de discos tan importantes como Discoplay ou Tipo na sección premiere. En 2002 editan "Rumor Cerebral" coa compañía Santo Grial, e tamén baixo a produción de Fernando Madina, quen colabora ademais nun tema do disco. En 2008 despois de 4 anos de parón por motivos profesionais deciden retomar de novo o grupo cunha nova formación: Oscar á gaita e tamén como cantante; Jaime e Carlos ás guitarras; Javi ao baixo e Tomas á batería. En Marzo do 2011 gravan nos estudos Océano de Nigrán o seu último traballo: "A Hostia Inversa", que editará en Xaneiro do 2012 Santo Grial. Será Javier Abreu o encargado da gravación, mestura e masterización. Colaboran Juankar de Boikot, e o "Eléctrico" de Rastreros, entre outros. No verán do 2013 estrean novo video clip, do tema Óxido, extraído do último traballo.

    Paxina do grupo



  17. Os John Deeres. Hard Rock. A Estrada. Vota a este grupo desde aquí.


  18. imagen

    Os John Deeres comezaron a sua andadura xa fai 9 anos na Estrada. Agora, nesta nova etapa con Ferni na voz, que se une a Xermán na batería, Marcos no baixo, Mustaf á guitarra e Reices cos teclados para formaren unha banda que lle bota unha ollada aos anos 70, á psicodelia e ao rock clásico para crear a súa proposta musical. No son do grupo nótanse a influencia da potencia de Black Sabbath, do espírito de Led Zeppelin ou Deep Purple, e a psicodelia dos Doors e Hendrix. Cos John Deeres o hard rock clásico fala galego!

    Paxina do grupo



  19. Biribirlocke. Rock/Ska. Bugallido (Ames). Vota a este grupo desde aquí.


  20. imagen

    Somos Biribirlocke, un grupo de Bugallido do concello de Ames, ahora mesmo somos sete os que compoñemos a banda, e gustarianos formar parte do cartel do Castañazo Rock.

    Paxina do grupo



  21. N O M. Rock/Metal. Ordes. Vota a este grupo desde aquí.


  22. imagen

    Banda creada a principios deste ano en Ordes,formada por menbros doutras bandas,algumhas ainda en activo,e outras xa desaparecidas (chicharo psicotico,kastoma,electroxeno ) . Esta composta por Soneira (voz) , Gael (guitarra),Prego (batera) e Suite (baixo) facemos um rock potente casi tirando o metal en ourtubro imos gravar umha maketa, que servira de adianto do noso primeiro traballo,que gravaremos no 2014.

    Paxina do grupo


                                                                        Paxina 1 de 3                                                 Seguinte Paxina


                                                                          Ver grupo gañador

                                                                          Ver finalistas




Actividades Castañazo Rock 2013

Sábado 2 de novembro.Horarios finais.

Hora Actividade Lugar Acceso Saber máis
  12:00     CHANTADILLO     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  12:00     ACTIVIDADES PARA NENOS     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  15:00     CANTOS DE TABERNA     PRAZA SANTA ANA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  17:00     ABERTO DE BILLARDA     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:00     CARREIRA DE CARROS(TRACCIÓN HUMANA)     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:30     Apertura de portas do recinto (Taquilla aberta dende as 17:00)  
  19:00     XOGOS BRAVÚS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  20:00     MAGOSTO POPULAR     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  21:00     CONCERTOS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
21:00   ExTensión Agraria (Gañador I concurso de bandas emerxentes castañazo rock)  
21:55   Nao  
23:10   Bongo Botrako  
00:40   Che Sudaka  
02:10   Lendakaris Muertos  
03:45   Dakidarria  



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacions Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Lendakaris Muertos Bongo Botrako Che Sudaka Dakidarria Nao Gañador concurso de bandas Concello de Chantada Deputacion de Lugo Adegas Amedo S.L. Chantadafilms Gadis