imagen imagen imagen imagen imagen

Concurso de Bandas

Finalistas


imagen

  1. ExTensión Agraria. Punk Rock galego. Bretoña (A Pastoriza). 1018 votos


  2. imagen

    Son moitos os planetas e satélites que orbitan no universo do rock galego, unha aposta sempre arriscada. Mais nesa galaxia pangalaica hai tamén un planeta errante que deambula polo espazo musical sen que lle afecte a lei universal da gravidade. Isto podería clasificarse coma Punk-Rock Indíxena letras contundentes que non deixan a ninguén indiferente. Un dos puntos fortes de Ex-tensión Agraria e a perfecta simbiose público-banda. Os espectadores non existen, son actores fundamentais do directo. Ex-tensión Agraria convértese nun colector-container de mensaxes evidentes que están agochados nas mentes de todos, nos murmurios das rúas, nas conversas caseiras ata que chegan a este altofalante necesario. HISTORIA: A banda resurxe de forma espontánea ao coñecerse a través da LNB (liga Nacional de Billarda) Xermán Viluba ( Skornabois) , Nacho Eiros e Hervy Dofelso que deciden retomar as súas inquedanzas musicais, coa billarda como nexo de unión e expoñendo a proposta sen complexos, ensaios en aberto e o aire libre. Nun principio únese o proxecto Miguel Salgado, líder de Extensión Agraria grupo Meirego de finais dos 90, collendo de novo o nome do Grupo, e adaptando algún dos seus temas A comezo de 2012 a banda completa a formación con Adrián Rodríguez (Baixo) e Alex Camiño (guitarra) Por motivos persoais Miguel Salgado e Alex Camiño, deixan a banda, e incorporase o novo guitarra, Martín Anllo, cambiase o nome por Ex –Tensión Agraria. A base da banda establecese na parroquia de Bretoña (A Pastoriza) berce da LNB, coa colaboración do Concello que nos cede un local para ensaiar En xullo de 2012 autoeditan un EP con catro temas revoltos nun estudio caseiro dos amigos de Fame Negra (Vegadeo-Asturias)

    Paxina do grupo



  3. PDA-Pus de Alce. Punk. Pontevedra. 938 votos


  4. imagen

    “PDA son unha das últimas formacións de verdadeiros roqueiros que conviven na cidade do Lérez, Con apenas ano e medio de vida o grupo perfilase e defínese como unha mestura de sons, heteroxenea a par que peculiar, con cancións que van dende o punk veloz dos Clash ata os ritmos lixeiros de The Police. Letras en castelán que falan do vivido, do bo e o malo, abordando temas tan diferentes como os clásicos da literatura universal, a inxustiza social e a amizade da nocturnidade. O punk e o rocanrol non morren mentras exista xente que os leven por bandeira”. Carlos Pereiro. Xornalista, fotógrafo e músico Pontevedrés.

    Paxina do grupo



  5. Biribirlocke. Rock/Ska. Bugallido (Ames). 935 votos


  6. imagen

    Somos Biribirlocke, un grupo de Bugallido do concello de Ames, ahora mesmo somos sete os que compoñemos a banda, e gustarianos formar parte do cartel do Castañazo Rock.

    Paxina do grupo



  7. Maskarpone. Reggae/Ska/Rock. Ourense. 836 votos


  8. imagen

    Maskarpone somos un grupo procedente (na súa maioría) de Ourense. Aínda que a formación xurde no 2010, non foi ata este ano que decidimos sair a montar a festa alá onde nos chamaron. Mesturamos ska con rock, reggae, música tradicional ou o que nos pete. Intentamos transmitir a enerxía que levamos dentro en cada concerto e se as cousas seguen como están, non tardaremos en facer a nosa primeira gravación.

    Paxina do grupo



  9. Borderline 79. Metal alternativo. O Salnés. 822 votos


  10. imagen

    BORDERLINE79 é un grupo de cinco rapaces de entre 17 e 19 anos da zona do Salnés. Logo de varios anos e moitos cambios, tanto de estilo como formación, en 2012 estabilízanse con Artur, Borja, Joel, Suspen e Tonsi, ao mesmo tempo que fan do grupo unha seria proposta de futuro. Cun estilo moi propio achegado ao metal alternativo, consolidáronse na escea local coma un dos grupos máis novos.

    Paxina do grupo



                                                                          Ver grupo gañador

                                                                          Ver todos los participantes




Actividades Castañazo Rock 2013

Sábado 2 de novembro.Horarios finais.

Hora Actividade Lugar Acceso Saber máis
  12:00     CHANTADILLO     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  12:00     ACTIVIDADES PARA NENOS     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  15:00     CANTOS DE TABERNA     PRAZA SANTA ANA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  17:00     ABERTO DE BILLARDA     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:00     CARREIRA DE CARROS(TRACCIÓN HUMANA)     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:30     Apertura de portas do recinto (Taquilla aberta dende as 17:00)  
  19:00     XOGOS BRAVÚS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  20:00     MAGOSTO POPULAR     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  21:00     CONCERTOS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
21:00   ExTensión Agraria (Gañador I concurso de bandas emerxentes castañazo rock)  
21:55   Nao  
23:10   Bongo Botrako  
00:40   Che Sudaka  
02:10   Lendakaris Muertos  
03:45   Dakidarria  



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacions Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Lendakaris Muertos Bongo Botrako Che Sudaka Dakidarria Nao Gañador concurso de bandas Concello de Chantada Deputacion de Lugo Adegas Amedo S.L. Chantadafilms Gadis