imagen imagen imagen imagen imagen

Cantos de Taberna

BASES CASTAÑAZO ROCK 2014

Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. No Castañazo somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o V Concurso de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade na pasada edición facemos unha nova convocatoria para o día 1 de Outubro, día do festival, entre as 15:00 e as 18:00 horas.

ImagenCantos

ITINERARIO

1. Café Parada.

2. Café Los Ángeles.

3. Café Capitol.

4. Mar & Bellota.

5. Restaurante Centro.

6. Bar O Canizo.

7. Bar Carballeira.

8. Cafetería Mar.

9. Cervexería Cheers.

10. Bar Plaza.

11. Polvería Os pendellos.

ImagenCantos

BASES

1. Os grupos participantes estarán integrados por un máximo de 10 persoas que en ningún momento se poderá exceder.

2. A inscrición é de balde e poderase realizar ata completar un límite de 12 grupos participantes mediante o correo electrónico: cantosdetaberna_castanhazo@hotmail.com, ou ben chamando ao teléfono: 680 287 767.

3. A inscrición poderase realizar a partir do 1 de Outubro de 2014 ata o día 31 do mesmo mes incluído ou de ser o caso ata completar o tope de grupos, indicando no momento o nome do grupo que concursa, un correo electrónico e un teléfono de contacto.

4. A recepción dos participantes farase o día da actividade ás 14:30 h. na Praza de Santa Ana (Plazuela) de Chantada. Prégase puntualidade co fin de axilizar a actividade de acordo co programa do festival. A hora de remate deberá ser sobre das 18:00 horas.

5. Cada grupo poderá interpretar unha única peza en cada taberna (este número poderá ser maior se os membros da organización así o consideran). A peza a interpretar será en galego, de libre escolla, preferentemente entre o repertorio popular aceptándose tamén composicións propias e orixinais que poderán variarse ao longo do percorrido polas tabernas.

6. En cada taberna os integrantes dos grupos poden degustar unha consumición de balde (viño, cervexa ou refresco) a cargo da organización.

7. Os 12 grupos participantes repartiranse de inicio en dúas quendas con 6 grupos segundo orde de inscrición para realizar dous itinerarios diferenciados.

8. En cada estabelecemento será o/a taberneiro/a o/a responsábel de outorgar a puntuación trala actuación, que estará comprendida entre 1 e 10 puntos.

9. Os dous grupos primeiros que resulten con máis puntos en cada unha das dúas quendas ao finalizar o percorrido terán premio, quedando en lugar aquel que obteña máis puntos e en o que menos. O posto será para un dos segundos clasificados indistintamente nalgunha das 2 quendas que obtivera máis puntos que o 2º posto da outra quenda.

10. En caso de empate nalgún posto dos 3 primeiros clasificados, realizarase na Praza de Santa Ana un duelo cantado a fin de determinar a orde final na clasificación. O xurado serán os demais grupos participantes que a través dun representante comunicarán a súa elección á organización.

11. A entrega de premios terá lugar no punto de partida inicial, Praza de Santa Ana (Plazuela) ao rematar o percorrido.

PREMIOS

Cea na Polbería Os Pendellos para os membros do grupo (máximo 10 persoas) e Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra Adegas Amedo.

Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra Adegas Amedo e Lote de merchandising do festival para os membros do grupo.

Lote de merchandising do festival.


LIGA GALEGA DE CANTOS DE TABERNA

Máis información


CLASIFICACIÓN CASTAÑAZO ROCK 2013


Posto Acadado Nome do grupo Puntos acadados
  1º     Coro Fuscalheiro     40  
  2º     Trinzadura de Trasancos     38  
  3º     Son do Souto     37  
  4º     Cantares do Asma     34  
  5º     Mariñeiros do Monte     32  
  6º     Amighas da Turuta     32  
  7º     Canta Mañanas     31  
  8º     Paragüeiros     30  
  9º     Fiasco     19  

FOTOS CASTAÑAZO ROCK 2013

1
anterior siguiente

1 2 3
4 5 6




imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Dubioza Kolektiv Gatillazo Talco La Raíz Machina Fanfarria Taquikardia Maskarpone Horarios Concello de Chantada Fegafe Adegas Amedo S.L. Gadis Chantadafilms Deputacion de Lugo GZmusicaTV estudio3