imagen imagen imagen imagen imagen

Xogos Bravús



VII ABERTO DE BILLARDA O CASTAÑAZO

A LNB desembarca en Chantada!!
BILLARDA • Día: Sábado 1 de novembro

• Hora:
Ás 16:00 h

• Lugar:
Parque Eloísa Ribadulla (campo da feira vello)

• Inscrición:
Ata 15 minutos antes de comezar

• Premio:
Caixa de viño Adegas Amedo e 20 eurizos para consumir no recinto do festival

Máis información na web:
LNB (Liga Nacional de Billarda)»




VII XOGOS BRAVÚS

“Vivimos no cu do mundo mais temos bravura para tronzar o universo”

En Chantada, un ano máis, como teloneiros dos Castañazos Rocks, arroutada miñota no mercado gandeiro (Bravú Arena) o 1 de Novembro de 18:30 h a 20:00 h para mostrarlle ao mundo as xentes bravas e rexas que habitan as aldeas e vilas deste recuncho pangalaico.

INSCRICIÓN

Antes de comezar no recinto.

As probas serán individuais e poderás intentalo cantas veces queiras.

LANZAMENTO DE BOINA

Lanzamento de boina





Quen consiga introducir a boina na cesta conseguirá premio.

Premios

O primeiro en conseguilo gañará unha botella de licor. Os 8 seguintes un vale de consumición (2 eurizos) no bar do festival.

ARREBOLAMENTO DE OURIZO

ourizo





Despois de dar tres voltas sobre un mesmo coa cabeza gacha deberás introducir un ourizo nun cesto culeiro para conseguir premio.

Premios

O primeiro en conseguilo gañará unha botella de licor. Os 8 seguintes un vale de consumición (2 eurizos) no bar do festival.

A PUNTA IMPOSIBLE

madeira





A primeira persoa que sexa capaz de clavar unha punta nun tronco de madeira de tres martillazos gañará premio.

Premios

O primeiro en conseguilo gañará unha caixa de licores Augavella. Os 8 seguintes un vale de consumición (2 eurizos) no bar do festival.

A CARTA DO SAMAÍN

cabaza





Quen deixe clavada unha carta da baralla nunha cabaza situada a 4 metros gañará premio.

Premios

O primeiro en conseguilo gañará unha botella de licor. Os 8 seguintes un vale de consumición (2 eurizos) no bar do festival.




FOTOS CASTAÑAZO ROCK 2013

1
anterior siguiente

1 2 3
4 5 6




imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Dubioza Kolektiv Gatillazo Talco La Raíz Machina Fanfarria Taquikardia Maskarpone Horarios Concello de Chantada Fegafe Adegas Amedo S.L. Gadis Chantadafilms Deputacion de Lugo GZmusicaTV estudio3