imagen imagen imagen imagen imagen imagen

Cantos de Taberna

VI CANTOS DE TABERNA

Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. No Castañazo somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o VI Concurso de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade na pasada edición facemos unha nova convocatoria para o día 31 de Outubro, día do festival, entre as 15:00 e as 18:00 horas.

ImagenCantos

BASES CANTOS DE TABERNA 2015

1. Os grupos participantes estarán integrados por un máximo de 10 persoas que en ningún momento se poderá exceder.

2. A inscrición é de balde e poderase realizar ata completar un límite de 12 grupos participantes mediante o correo electrónico: cantosdetaberna_castanhazo@hotmail.com, ou ben chamando ao teléfono: 680 287 767.

3. A inscrición poderase realizar a partir do 6 de Outubro de 2015 ata o día 29 do mesmo mes incluído ou de ser o caso ata completar o tope de grupos, indicando no momento o nome do grupo que concursa, un correo electrónico,un teléfono de contacto e o número de integrantes.

4. A recepción dos participantes farase o día da actividade ás 14:30 h. na Praza de Santa Ana (Plazuela) de Chantada. Prégase puntualidade co fin de axilizar a actividade de acordo co programa do festival. A hora de remate deberá ser sobre das 18:00 horas.

5. Cada grupo poderá interpretar unha única peza en cada taberna (este número poderá ser maior se os membros da organización así o consideran). A peza a interpretar será en galego, de libre escolla, preferentemente entre o repertorio popular aceptándose tamén composicións propias e orixinais que poderán variarse ao longo do percorrido polas tabernas.

6. En cada taberna os integrantes dos grupos poden degustar unha consumición de balde (viño, cervexa ou refresco) a cargo da organización. Con este fin entregaráselles un lote de tickets a cada membro de cada grupo que serán os únicos válidos para acceder á consumición de balde.

7. Os 12 grupos participantes repartiranse de inicio en dúas quendas con 6 grupos segundo orde de inscrición para realizar dous itinerarios diferenciados entre o total das tabernas.

8. En cada estabelecemento será o/a taberneiro/a o/a responsábel de outorgar a puntuación trala actuación, que estará comprendida entre 1 e 10 puntos.

9. Os dous grupos primeiros que resulten con máis puntos en cada unha das dúas quendas ao finalizar o percorrido terán premio, quedando en lugar aquel que obteña máis puntos e en o que menos. O posto será para un dos segundos clasificados indistintamente nalgunha das 2 quendas que obtivera máis puntos que o 2º posto da outra quenda.

10. En caso de empate nalgún posto dos 3 primeiros clasificados, realizarase na Praza de Santa Ana un duelo cantado a fin de determinar a orde final na clasificación. O xurado serán os demais grupos participantes que a través dun representante comunicarán a súa elección á organización.

11. A entrega de premios terá lugar no punto de partida inicial, Praza de Santa Ana (Plazuela) ao rematar o percorrido.

ImagenCantos

PREMIOS CANTOS DE TABERNA 2015

Cea na Polbería Os Pendellos para os membros do grupo (máximo 10 persoas) e Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra Adegas Amedo.

Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra Adegas Amedo e Lote de merchandising do festival para os membros do grupo.

Lote de merchandising do festival.

ImagenCantos

ITINERARIO CANTOS DE TABERNA 2015


1. Café Parada.

2. Café Capitol.

3. Mar & Bellota.

4. Restaurante Centro.

5. Bar O Canizo.

6. Cafetería Mar.

7. Cervexería Agocho.

8. Bar Plaza.

9. Viñoteca.

10. Bar Carballeira.


ImagenCantos

Descargar toda a información dos cantos en pdf

PARTICIPANTES CANTOS DE TABERNA 2015


1. Punkdereteiras.

2. Lucecús.

3. Os fedechinchos.

4. Searas.

5. Mariñeiros do Monte.

6. Trinzadura.

7. Rilhacepas.

8. Xurupia.

9. Nabo, nabiza, grelo.

10. As Vacalouras.

11. Os demos do Buraco.

12. Voces do Arrieiro.


CLASIFICACIÓNS HISTÓRICAS

CLASIFICACIÓN CANTOS DE TABERNA 2013

Posto Acadado Nome do grupo Puntos acadados
  1º     Coro Fuscalheiro     40  
  2º     Trinzadura de Trasancos     38  
  3º     Son do Souto     37  
  4º     Cantares do Asma     34  
  5º     Mariñeiros do Monte     32  
  6º     Amighas da Turuta     32  
  7º     Canta Mañanas     31  
  8º     Paragüeiros     30  
  9º     Fiasco     19  

CLASIFICACIÓN CANTOS DE TABERNA 2014

Posto Acadado Nome do grupo Puntos acadados
  1º     Trinzadura de Trasancos     50  
  2º     Trío Motobomba     49  
  3º     E ti que fas eiquí?     48  
  4º     Os Perrechos     42  
  5º     Coro Fuscalheiro     41  
  6º     Os amigos do caldeiro     41  
  7º     Blanco ou tinto, cheo!     40  
  8º     Fiadeira     38  
  9º     Cantares do Asma     37  
  10º     Lucecús Ribeiraos     35  
  11º     Bestas Grises     32  
  12º     Mariñeiros do Monte     30  

LIGA GALEGA DE CANTOS DE TABERNA

Máis información


FOTOS CANTOS DE TABERNA 2014

1
anterior siguiente

1 2 3
4 5 6

Para ver máis fotos do Castañazo Rock 2014: pinchar aquí



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Berri Txarrak La Gossa Sorda Dios ke te Crew Sés Liviao de Marrao Paddy and the Rats Horarios Concello de Chantada Deputacion de Lugo Mahou Nikis Gadis Adegas Amedo S.L. Fegafe Chantadafilms