imagen imagen imagen imagen imagen imagen

Concertos

icono

imagen

Descripción

O terceiro disco da cantora suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate.

Os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas no novo traballo discográfico de Ses. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Estamos en tempo de “Tronzar os valos”, de responder con música e ideas, con ilusión contra abatemento. Estamos en tempo de Ses e do terceiro disco dunha das nosas máis singulares e poderosas voces.

Doce cancións nas que adentrarse no universo Ses. Porque a Ses de “Tronzar os valos” é máis Ses que nunca. Isto significa a suma da potencia do rock, o ritmo e a mensaxe da canción latinoamericana, a tradición que leva nas veas e a súa intensa condición de cantora que impregna a maneira directa de se achegar ao público.

Despois do éxito de “Admirando a condición” e “Co xenio destrozado”, o terceiro disco de Ses, “Tronzar os valos”, confirma unha forma de cantar singular, a flexibilidade de contorsionista dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock.

Compoñentes

María Xosé Silvar "Ses" - Voz e guitarra

Tito Calviño - Guitarra

Fernando Fraga - Baixo

Lorena "Cachito" Martín - Batería

Lucía Souto - Coros

Lucía Insua - Coros

Lucía Cela - Coros

"Chicho" Cordero - Percusións

Enlaces

Sitio Web

Facebook

Youtube



Imaxes

ImaxesGrupos ImaxesGrupos




Videos






GRUPOS CASTAÑAZO ROCK 2015

icono icono icono icono icono icono



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Berri Txarrak La Gossa Sorda Dios ke te Crew Sés Liviao de Marrao Paddy and the Rats Horarios Concello de Chantada Deputacion de Lugo Mahou Nikis Gadis Adegas Amedo S.L. Fegafe Chantadafilms