imagen imagen imagen imagen imagen imagen

Castañazo Infantil

CASTAÑAZO INFANTIL 2015 - ARTE NA RÚA ITINERANTE - 31 DE OUTUBRO

11:30h. DABOAPIPA - música e contos. Pza. da Paz

12:30h. PETER PUNK - circo e malabares. Rúa Leonardo Rodríguez

(se chove será no Auditorio Municipal e na Casa da Música, respectivamente)

Colabora:
ImagenInfantil

DABOAPIPA

ImagenInfantil

“Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos…”

Daboapipa, Vero Rilo e Santi Prieto, crean un novo espectáculo dirixido a nenas/os de 2 a 6 anos e familias.

Durante 40 minutos, música en directo e palabra únense para crear un universo máxico a través desta nova parella artística galega.


ImagenInfantil

PETER PUNK

ImagenInfantil

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.

Con máis de 900 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.

Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.

"Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do "máis difícil aínda" dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.


ImagenInfantil

FOTOS CASTAÑAZO INFANTIL 2014

1
anterior siguiente

1 2 3
4 5 6

Para ver máis fotos do Castañazo Rock 2014: pinchar aquí



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Berri Txarrak La Gossa Sorda Dios ke te Crew Sés Liviao de Marrao Paddy and the Rats Horarios Concello de Chantada Deputacion de Lugo Mahou Nikis Gadis Adegas Amedo S.L. Fegafe Chantadafilms