Castañazo 2018

CASHLESS


Este ano, no Castañazo Rock utilizaremos pulseiras cashless, tanto para acceder e sair do recinto, como sistema de pago dentro del. Durante o festival, poderás recargar nos puntos de recarga habilitados dentro do recinto de concertos.


ImaxesCashless

A pulseira leva incorporado un chip que se lerá mediante escáneres no control de entrada para acceder e saír ao recinto, así como para realizar diversos pagos. Deberás recollela o día do evento na entrada do Castañazo Rock, amosando a túa entrada. Cando pidas bebida ou comida, valerá con achegar a túa pulseira a un dos scanners que posuirá cada encargado, que amosará o importe que se vai a pagar e o saldo remanente na pulseira. IMPORTANTE: se non vos len a pulseira ao saír do recinto, non poderedes volver entrar.


CARGAR SALDO


Podes comprar packs de precarga antes do evento con distintas ofertas e cambialos mostrando o QR na entrada do festival.


COMPRA PACKS DE PRECARGA PARA A TUA PULSEIRA ANTES DO FESTIVAL AQUÍ(ATA O 1 DE NOVEMBRO)


Durante o festival, poderás recargar nos puntos de recarga habilitados no recinto, tanto con efectivo como coa túa tarxeta de crédito(mínimo 20€).


DEVOLUCIÓN SALDO


Se tes algún saldo pendente na túa pulseira podes solicitar a devolución do importe por transferencia bancaria. Para iso, simplemente introduce o código alfanumérico de 8 díxitos que se atopa na parte traseira da túa pulseira. A continuación, comprobaremos o saldo e pedirémosche os teus datos bancarios para proceder á transferencia no prazo dunhas dúas semanas tras finalizar o período de solicitude de devolucións.


Tes ata o mércores 14 de novembro de 2018 para solicitar a devolución. Lembra que os importes promocionais ou regalados recargados en pulseiras non se devolven.


SOLICITA A TÚA DEVOLUCIÓN AQUÍ(DO 5 O 14 de NOVEMBRO)


Contacto para consultas e incidencias: contacto@idasfest.es


PREGUNTAS FRECUENTES


Pódese pagar con diñeiro efectivo?


Non se poderá pagar en efectivo nin nas barras nin na zona de comidas, a pulseira cashless será o único método de pago aceptado.

No merchandising oficial do festival aceptaranse so pagos en en efectivo.


Como funciona a pulseira intelixente?


A pulseira leva incorporado un chip que se lerá mediante escáneres no control de entrada para acceder e saír ao recinto, así como para realizar os pagos na barra e zona de gastronomía.


Onde podo recoller a miña pulseira?


Podes recollela o día do evento na entrada do Castañazo Rock, amosando a túa entrada.


Podo precargar saldo na miña pulseira antes do evento?


Si, dende aquí(ata o 1 de novembro) podes comprar packs de precarga con distintas ofertas e cambialos mostrando o QR na entrada do festival.


Por que é mellor que recargue diñeiro en liña antes do evento?


Se recargas en liña antes do evento, ao chegar poderás empezar a gozar do Festival en canto pases polo posto de pulseiras e recollas a túa pulseira, evitando as colas nas caixas do recinto.


Podo recargar saldo na miña pulseira durante o evento?


Si. O Castañazo Rock porá á vosa disposición un punto de recarga facilmente localizable. Alí poderás recargar coa túa tarxeta de crédito(mínimo 20€) ou en efectivo.


Podo consultar o meu saldo durante o evento?


Si. Podes facelo en calquera punto de recarga ou nas barras, cada vez que consumes.


Como funcionan os pagos cashless?


Cando pidas bebida ou comida, valerá con achegar a túa pulseira a un dos scanners dos encargados, que amosará o importe que se vai a pagar e o saldo remanente na pulseira.


Que pasa se ao final do evento sigo tendo diñeiro na miña pulseira?


Se ao abandonar o recinto segues tendo saldo na túa pulseira, poderás pedir a devolución en liña do teu diñeiro aquí(do 5 o 14 de novembro) . Lembra non tirar a túa pulseira ao final do evento, xa que necesitarás introducir o código alfanumérico de 8 díxitos que se atopa na parte traseira da túa pulseira para reclamar estas devolucións.


Que pasa se perdo a miña pulseira?


Como sempre, a organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, tentes quitar a pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito a acceder ao recinto. A perda, manipulación e rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra, nin se reporá unha pulseira perdida. Perder a túa pulseira neste caso será tamén como perder o teu moedeiro, así que cóidaa.


É a pulseira resistente á auga?


Si. Tanto a pulseira como o chip que leva incorporado son resistentes á auga.


Por que teño que validar a miña pulseira ao saír do recinto?


O control de aforo a través do cashless permitiranos saber con precisión canta xente hai en todo momento. Para isto, deberán lervos tamén as pulseiras á saída do recinto. IMPORTANTE: se non vos len a pulseira ao saír, non poderedes volver entrar.


Que pasa se a entrada pon un nome que non é o meu?


Poderás acceder igualmente ao festival, pero se ocorre algunha incidencia co acceso ou cos cartos da túa pulseira, non poderemos axudarche.



imagen imagen imagen imagen imagen Castañazo 2018
Condicións Xerais
Aviso Legal
Política de cookies
Castañazo 2018