Castañazo 2018
ImaxesLila ImaxesLila

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN


¿Presencias unha agresión machista? ¡ACTÚA!


1. Acércate á vítima, pregúntalle como se atopa e se necesita axuda. Pregunta á vítima o que quere facer e respecta a súa decisión.


2. Axúdalle a contactar co punto lilá e/ou sanitario en caso de necesidade de asistencia médica. Podes acompañala ata o sitio indicado ou axudar a buscar a alguén da súa confianza para que a acompañe.


¿Sofres unha agresión machista? ¡DENUNCIA!


1. Non é non. Acércate ao punto lilá se estás cerca ou utiliza o número de teléfono para chamar directamente e irán a buscarte.


2. Si non podes pedir axuda por ti mesma, avisa as persoas que están cerca de ti e pide que alguén contacte co punto lila. Ademais, haberá persoas que porten un brazalete morado, estas levarante directamente ao punto lilá para que sexas atendida.


3. No punto lila van asesorarte e acompañarte tras sufrir unha agresión. Tes un sitio íntimo onde contar o acontecido e decidir o que facer.


4. Se sufriches lesións, o equipo médico atenderate e realizará un parte de lesións.


5. O punto lilá respecta a decisión da vítima. Podes denunciar á policía e acompañarante en todo o proceso.


¿A qué se compromete o Punto Lila?


1. Ofrecer apoio á persoa agredida.


2. Respectar o seu espazo e velar pola súa comodidade.


3. Respectará súa decisión e acompañar á vítima en todo o proceso canto necesite.


4. Asesorar á vítima sobre como por unha denuncia e que son as denuncias de oficio que poden por os servicios sanitarios.


5. Ofrecerlle a opción de dar unha resposta colectiva.


6. Ofrecerlle o contacto do colectivo por si necesita apoio en calquera outro momento.


7. Respectar a súa intimidade e anonimato.



imagen imagen imagen imagen imagen Castañazo 2018
Condicións Xerais
Aviso Legal
Política de cookies
Castañazo 2018